22 de decembro de 2020

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

TEMOS GAÑADORA NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL !!!


        AROA PEROL VAAMONDE


         

      

                                NORABOA!!!!!

20 de decembro de 2020

CHEGAMOS !... XA É NADAL !!!!

 XA ESTAMOS NO NADAL 



    Xa quedan poucos días para chegar ás vacacións de Nadal, estamos moi contentos e contentas do ben que fixemos este primeiro trimestre. 

    Estos últimos días, como xa temos todo rematado, estamos facendo moitas cousas cheas de arte, como as nosas camisas de papiroflexia, para ir moi elegantes a cear en Noiteboa. Tamén comenzamos a practicar a división entre dous cifras. Todo un reto!

    




     Ah!, xa se me esquecía, tendes na aula virtual  o noso video, xa famoso, deste primeiro trimestre. 
    Está colgado de dous xeitos diferentes, un deles permite a descarga, e eu creo que así podedes velo mellor no voso ordenador.

    FELICES FESTAS E QUE O ANO 2021 VEÑA CARGADO SÓ DE COUSAS BOAS

    Unha aperta enormeeeeeeee

    Con todo o meu agarimo 

    Maite

27 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     

    25 DE NOVEMBRO

    Nesta xornada fixemos unhas fotos ao redor da porta violeta, simbolizando que todos e todas estamos en contra da violencia sexa do tipo que sexa, e neste caso todos os nenos e nenas dicimos

  NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO !!!






21 de novembro de 2020

20 DE NOVEMBRO

 O 20 de novembro celébrase o Día dos Dereitos dos nenos e nenas. 

    Na clase estiveron lendo os seus dereitos, falamos sobre elo, escribímolos e reflexionamos sobre a importancia que teñen. Tamén estivemos falando sobre a sorte que teñen de ter unha familia que os quere, respecta e lles prestan toda a súa atención e coidados.

    Logo aprendimos unha canción e fumos ao patio a cantala cos nosos compañeiros de 4°B, 3°A e 3°B. 

Saíunos fenomenal!!!!!



17 de novembro de 2020

O ECOSISTEMA DA ILLA DAS ESCULTURAS

     Esta é a páxina onde podedes ver a fauna existente na Illa da Esculturas.

    https://www.turismo.gal/que-facer/birding-in-galicia/onde-ver-aves-en-galicia/tamen-nas-cidades/pontevedra?langId=es_Es

    Neste outro enlace podedes ler algo sobre a flora da Illa das Esculturas:

https://www.visit-pontevedra.com/es/naturaleza/a-illa-do-covo-parque-de-las-esculturas

    Recordade que o traballo é en galego.

    O traballo ten que seguir o seguinte esquema:

        - Portada 
        - Localización, situación da Illa das Esculturas
        - Extensión
        - Breve resumo (que é, para que se utiliza, como é, que ten...)
        - Ecosistema do lugar:
                   - Fauna
                   - Flora
(Neste caso pode ir acompañado de fotos, tanto buscadas en internet, como facelas a pé    mentres damos un paseiño pola Illa das Esculturas. Todas as fotos deben levar o nome do    paxaro ou animal que alí podemos atopar, ou das follas das árbores que forman parte da flora do lugar, sempre os nomes en galego)
    Plazo límite de entrega: 1 de decembro

    Calquera dúbida que teñades  so tendes que preguntarma na clase.

    Xa veredes que ides facer un fermoso traballo, e así saberedes moito máis deste tesouro natural que temos en Pontevedra.




14 de novembro de 2020

O MAGOSTO

     Este ano tivemos un Magosto un pouco diferente, sen compartir xogos e aventuras no patio, pero o que si tivemos foron castañas !!! 

    Estaban riquísimas!!! Souberon a pouco !!!













31 de outubro de 2020

VENRES 30 DE OUTUBRO

POESÍA SOBRE AS ESTACIÓNS DO ANO




 MEMORIZANDO POESÍAS

    Aproveitando o cambio de estación, limos unhas poesías moi fermosas sobre as estacións do ano. Cada un escolleu aquela que lle gustou máis,  memorizouna e logo recitouna.

    Velaí o resultado
















21 de outubro de 2020

OS NOSOS AVÓS E AVOAS

    Onte, na clase, estivemos falando dos nosos avós e avoas e despois de facerlles unha breve entrevista para saber máis cousas deles e delas, fixemos unha posta en común e descubrimos moitas cousas interesantes.

Logo fixemos unha breve redacción onde non faltou a ilustración. Ahí vos deixo algún exemplo.

Grazas avós e avoas

Ciodarvos moito que como ben dicen os vosos netas e netas sodes imprescindibles.

Moito ánimo, que todo esto acabe pronto e poidamos gozar coa vosa presenza polo Centro.






 

XORNADAS LORQUIANAS

 Este luns 19 de outubro tivemos unha charla moi interesante e divertida sobre o escritor García Lorca.

O museo de Pontevedra está organizando unhas xornadas lorquianas e á nosa aula viñeron o escritor Quique, e o ilustrador Carlos a contarnos a súa historia e facer un obradoiro de caricatura.

Estivemos todos e todas moi atentos e atentas, aprendimos moito.

Grazas

Déixovos unhas fotos da xornada e do ben que nos quedou a caricatura de García Lorca.






 Encantados e encantadas coas nosas caricaturas















18 de outubro de 2020

CONTEMOS UN CONTO

  Contamos un conto ?

    Aquí temos algunhas das historias máis divertidas, misteriosas ou terroríficas co nome do noso superheroe ou superheroína con máis creatividade e imaxinación.

    Esperamos que vos gusten


    1.- Nome do autor: Guillermo 




     2.- Nome do autor: David




     3.- 

1 de outubro de 2020

IMAXINACIÓN AO PODER

    Quen terá o poder da imaxinación entre os nosos superheroes e superheroínas 

    de 4º A ?

     Imos a inventar un conto. 

     Ahí tendes as imaxes que saíron tras tirar os dados.

     


    Agora serás o novo ou a nova narradora desta historia, comenza por "Érase unha vez..." ou "Érase una vez..."

    Recorda que tes que usar tres imaxes para a introdución do conto, outras tres, diferentes das anteriores, para o e as outras tres que quedan para o desenlace.

    Imos a comenzar inventando a historia en castelán, o mércores as lemos na clase.

    As historias máis divertidas, misteriosas ou terroríficas serán subidas a este blog co nome do noso superheroe ou superheroína con máis creatividade e imaxinación.


    Deixa voar a túa imaxinación!!!


    A imaxinación non ten límite.



30 de setembro de 2020

SIMETRÍAS


     Este trimestre empezamos traballando na asignatura de Plástica as simetrías. Os nenos e nenas de 4º A aprenderon a diferencia entre simetría axial e simetría especular, e lanzáronse á aventura de crear simetrías de todo tipo, e pronto farán as súas propias creacións. 

    Noraboa a todos e todas!!!!



23 de setembro de 2020

AQUI ESTAMOS DE VOLTA

 Xa estamos no cole poñéndonos ao día, traballando e adaptándonos a esta nova normalidade.




11 de xuño de 2020

TAREFA VENRES 12 DE XUÑO




Bos días a todos e a todas, chegamos ao último día de tarefas diarias neste blog. Para a semana xa estaredes avaliados e xa estará todo feito. 


A profe Xulia e máis eu desexámosvos un feliz verán. Estamos moi contentas co voso traballo e co esforzo feito nestes meses. Sabemos que foi moi difícil para todos e todas, pero vos fixéchelo de marabilla.
                                                                                                                                                                     Parabéns!

Eu persoalmente e agora dirixíndome ao meu grupo de 3ºA, dicirvos que me sinto moi orgullosa do ben que vos adaptaches a esta nova situación que desde logo sinxela non foi, como conseguiches organizarvos e como con constancia e esforzo fixeches este traballo diario. 
Acordádevos cando comezamos que eu vos dixen que iades ser un moi bo grupo, pois ...conseguímolo todos e todas xuntas, como o equipo que somos, axudándonos entre nós, unindo os nosos esforzos e sendo moi responsables. Gustaríame que mirarades as vosas libretas desde o principio ata agora, para poder observar a vosa evolución e así poidades sentirvos moi orgullosos e orgullosas polo traballo feito.
Parabéns campións!
Gozade deste merecido verán e ogallá poidamos seguir compartindo máis cousas xuntos e xuntas.
Bicos e apertas de oso xigante aos meus 24 valentes.

Familias grazas pola vosa colaboración, dedicación e apoio en todo momento. Tivemos unha boa comunicación entre nós,e iso é a mellor base para conseguir avanzar coa educación dos vosos fillos e fillas. Grazas por facer fácil un proceso tan difícil como é a educación. 
Que teñades un moi bo verán. 
Maite.



 TAREFA VENRES 12

 - LENGUA CASTELLANA

 Como el curso aún no acabó, voy a poner una tarea a realizar a lo largo de la semana:

 - Os animo a hacer una redacción donde esté vuestra opinión personal sobre la experiencia vivida estos meses, sin vernos y trabajando a través de un ordenador. ¿Como habéis llevado el trabajo a través del blog? ¿Que os pareció? ¿Os fue fácil o fue duro aguantar esta situación? ¿Que le visteis de negativo y de positivo?....
 Luego hacer una bonita ilustración final.




Bicos Xulia e Maite.

10 de xuño de 2020

TAREFA MÉRCORES 10 E XOVES 11 DE XUÑO

Bos días a todos e a todas, que tal a vosa viaxe a Lúa?


 TAREFA MÉRCORES 10

PLÁSTICA E LINGUA GALEGA

Xa vexo que aínda seguides na Lúa, pois tendes que volver a Terra que a vosa familia e eu botámosvos de menos. Levades dous días alí, así que é hora de regresar....

Claro que se non tendes foguete espacial, como volvedes?

Imos deseñalo e debuxalo na libreta de galego, facelo ao voso gusto, tendes que volver nun fermoso foguete espacial, os vosos pais e nais quedaran marabillados ao veros chegar nunha nave tan flamante. Pensar ben o material que ides empregar no voso deseño, o número de ventás que lle ides facer, as súas cores, podedes utilizar a técnica que queirades.
Veña mans á obra que tendes que estar aquí mañá.

- Mentres vindes, escribide a vosa historia na Lúa, podedes titulalo "A miña aventura lunática", contádeme que pasou alí, como foi o aterraxe, como foi iso de camiñar sen gravidade, ¿xogabades cos cráteres?, ... Ahhhh!!!  Vistes  algún alíen ou extraterrestre e falastes galego con el ou ela....De seguro que sempre hai un galego na Lúa.
Botade moita imaxinación e escribide que estamos desexando ler a vosa historia.



 TAREFA XOVES 11

MATEMÁTICAS

Bos días! ¿Estades xa todos e todas na Terra?, supoño que cansos da viaxe, e que ser astronauta non é nada sinxelo. 
Como sé que botabades de menos as matemáticas, aí van unhas operacións, que para expertos navegantes espaciais, son moi doadas:

 1)- Calcula:

  429: 7=                                          200:3=                                      9685 X 46=







Benvidos a todos e a todas
Biquiños Xulia e Maite.

7 de xuño de 2020

TAREFA LUNS 8 E MARTES 9 DE XUÑO

Bos días a todos e a todas, comenzamos unha nova semana e unha nova fase na desescalada. Como vedes xa case non queda nada para finalizar o curso, así que imos facer o noso último esforzo.
Estos días xa mirei algúns de vós pola rúa, xogando e correndo, que alegría veros ...Aproveitade e gozade do bo tempo.



 TAREFA LUNS 8 DE XUÑO

  - CIENCIAS SOCIAIS

 Non sei se puidechedes observar a lúa tan bonita que houbo o venres, foi a "lúa de fresa". Imos saber un pouco máis, pincha no enlace e le :

https://www.ngenespanol.com/el-espacio/no-te-pierdas-la-luna-de-fresa-y-el-eclipse-penumbral-en-junio/

 - Contesta as seguintes preguntas:

 1.- ¿Por que se lle coñece como Lúa de Fresa?

 2.- ¿Que outro nome recibe e quen llo puxo? ¿Por que recibe este nome?

 3.- ¿Puideches ter a ocasión de vela no ceo? Se foi así descríbea. E se non descríbea mirando a seguinte foto. Logo ilustra a túa descrición cunha bonita lúa.





 TAREFA MARTES 9 DE XUÑO

 Seguimos coa nosa viaxe a Lúa :
https://www.youtube.com/watch?v=lfPcs0cCJjU

 Contesta verdadeiro o falso:

        - A lúa é un planeta
        - A lúa xira ao redor da terra
        - A lúa sempre está chea
        - A lúa está a 385.ooo Km da terra
        - O primeiro home que pisou a                  lúa chamábase Neil Armstrong
        - O foguete co que foi a lúa
           chamábase CALIPO 10
        - A lúa é 4 veces máis grande ca
          terra
        - A lúa provoca as mareas
        - Un foguete tarda 1 día e medio
          en chegar á lúa.

  - Agora as frases do exercicio anterior que sexan falsas, volve a escribilas ben.

  - Seguidamente intentade debuxar as catro fases da lúa cos seus nomes. Utilizade a regla se tendes que facer liñas ou cuadrículas.






 Que teñades un bo día
 Bicos Xulia e Maite