27 de marzo de 2021

VENRES 26 DE MARZO DE 2021

 BROCHE FINAL

    O derradeiro día de clase, tivemos como broche final, a sorte de contar coa presenza na nosa aula de Juan, o pai de Jorge. Veu a contarnos a súa experiencia no Deserto do Sahara cos Tuareg. Foi toda unha aventura que compartiu con todos nós. Foi unha charla moi entretida, acompañada non só con fotos senón que tamén tivemos a sorte de escoitar unhas grabacións de música típica daquela zona. Tamén tróuxonos unha pequena cadeira e a fascinante Rosa do Deserto. 

    Estivemos todos e todas moi atentas, sobre todo Hassan que agradeceu que lle trouxeran un anaquiño da súa cultura a nosa aula. Houbo moitas preguntas...aínda que, sen dúbida, o que máis nos impresionou foi o escorpión...Foi fantástico.












                    Moitas grazas Juan!!!!

25 de marzo de 2021

NOTICIA ÚLTIMA HORA - REPORTEIRA AROA

 XOVES 25 DE MARZO DE 2021

    Xa estamos finalizando o segundo trimestre, e as nosas e nosos infatigables reporteiras seguen á captura de noticias. Non hai quen as pare!!!!

    Hoxe Aroa, trouxonos unha última hora, "o buque de mercadorías 'Ever Given' segue encallado no Canal de Suez". 

    Estivemos todas e todos moi atentos a súa explicación e ás imáxenes que nos proxectou na nosa pantalla. Ademáis poidemos realizar diferentes exercicios matemáticos, como pasar os máis de 200.000 toneladas de peso a Kg, averiguar a lonxitude do barco e comparala coa lonxitude do canal....

    Foi estupendo.

    GRACIAS AROA!

    



















4 de marzo de 2021

CIENCIAS NATURAIS

Estamos traballando en Ciencias Naturais unha unidade moi entretida, o noso corpo . Estudaremos os nosos ósos, músculos, tendóns...

Hoxe aprendimos os ósos máis importantes do noso corpo dun xeito moi divertido.

Velaí unha mostra: