28 de abril de 2021

MÉRCORES 28 DE ABRIL

 O NOSO REPORTEIRO ANTONIO 

     Esta mañá Antonio animouse a facernos unha exposición sobre uns pequenos insectos hipersociais, as formigas. Foi estupenda, aprendimos moito. Todos e todas estabamos moi interesados e interesadas no tema. Antonio contestou unha por unha a todas as nosas preguntas e quedamos asombrados e asombradas do moito que sabe. Temos moita sorte de ter uns compañeiros e compañeiros que comparten as súas inquedanzas e curiosidades con toda a clase.

    Acabamos dándolle unha morea de aplausos.

    Gracias Antonio!











    

                    Deixovos coa curiosidade de quen será a seguinte ou o seguinte reporteiro.

26 de abril de 2021

EXPOSICIÓN DE CIENCIAS NATURAIS TEMA 6

  Neste tema de Ciencias Naturais, "As máquinas e a tecnoloxía", imos realizar unha exposición sobre os distintos inventos máis importantes ao longo da historia. Cada un de vós tendes adxudicado un invento, mirade nesta páxina para conseguir información.

https://www.bosquedefantasias.com/grandes-inventos-historia

O prazo de entrega e a súa exposición na aula remata o 20 de maio.

Recorda que tes que traer unha ficha cun resumo, que non podes ler durante a exposición e se queres podes traer outro material de apoio, como falamos na clase.

Non esquezas poñer as palabras máxicas:

        - Para comenzar: "Vou falar acerca de...", "A exposición de hoxe será sobre...", ..

        - Para finalizar: "Iso é todo, grazas", "...e ata aquí a miña exposicón. Grazas pola vosa atención",..

        - Para comenzar a quenda de preguntas: "Alguén quere facer algunha pregunta?..",...


Veña, imos aló!!!

19 de abril de 2021

XOVES 15 DE ABRIL

     AS SALINAS DE ULLOA

    Este xoves na clase de Ciencias Naturais estivemos falando dos materiais naturais, e entre outros, foi nomeado o sal. Nese intre Lucía contounos a súa excursión as Salinas de Ulloa e explicounos como se recollía o sal.
    Encantounos a súa experiencia. Así aprendimos todos e todas, foi estupendo.

    


        Grazas Lucía!

14 de abril de 2021

MARTES 13 DE ABRIL

     EXPERIMENTANDO CON NEWTON

        Este martes tivemos unha clase de Ciencias Naturais moi interesante. 

        Estivemos indagando sobre Isaac Newton, a súa teoría da gravidade e o seu descubrimento en 1666 do denominado disco de Newton, co que demostrou que a cor branca está formada polos sete cores do arco da vella.

    Velaí o noso disco de Newton

        


11 de abril de 2021

XOVES 8 DE ABRIL

 UNHA CLASE DE MÚSICA MOI ESPECIAL

    Levamos uns días nos que na clase de música escoitamos música en directo. Primeiro foi a nosa profesora Antía tocando o seu violín e hoxe animouse David co seu clarinete.

    Estaba un pouco nervioso pero o fixo de marabilla.




       Clase de Música, 4° hora do xoves

    

8 de abril de 2021

MARTES 6 DE ABRIL

 NOTICIA ÚLTIMA HORA- REPORTEIRA AROA

    Este martes a nosa reporteira incansable Aroa, trouxonos outra noticia de última hora: "A espectacular erupción do volcán islandés Fagradalsfjall".

    Ensinounos onde queda Islandia, como era a erupción do volcán con imaxes, díxonos que aínda que é moi espectacular o volcán non presenta neste intre ameaza para as poboacións  e como próximas e a xente vai alí a miralo e gozar da súa maxia, eso sí sen acercarse moito a el.

    Ademais a nosa reporteira elaborou unha maqueta onde podíamos ver o volcán en plena erupción. Foi fabuloso, un moi bo traballo que compartiu con todos nós.

    Grazas Aroa.