27 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     

    25 DE NOVEMBRO

    Nesta xornada fixemos unhas fotos ao redor da porta violeta, simbolizando que todos e todas estamos en contra da violencia sexa do tipo que sexa, e neste caso todos os nenos e nenas dicimos

  NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO !!!






21 de novembro de 2020

20 DE NOVEMBRO

 O 20 de novembro celébrase o Día dos Dereitos dos nenos e nenas. 

    Na clase estiveron lendo os seus dereitos, falamos sobre elo, escribímolos e reflexionamos sobre a importancia que teñen. Tamén estivemos falando sobre a sorte que teñen de ter unha familia que os quere, respecta e lles prestan toda a súa atención e coidados.

    Logo aprendimos unha canción e fumos ao patio a cantala cos nosos compañeiros de 4°B, 3°A e 3°B. 

Saíunos fenomenal!!!!!



17 de novembro de 2020

O ECOSISTEMA DA ILLA DAS ESCULTURAS

     Esta é a páxina onde podedes ver a fauna existente na Illa da Esculturas.

    https://www.turismo.gal/que-facer/birding-in-galicia/onde-ver-aves-en-galicia/tamen-nas-cidades/pontevedra?langId=es_Es

    Neste outro enlace podedes ler algo sobre a flora da Illa das Esculturas:

https://www.visit-pontevedra.com/es/naturaleza/a-illa-do-covo-parque-de-las-esculturas

    Recordade que o traballo é en galego.

    O traballo ten que seguir o seguinte esquema:

        - Portada 
        - Localización, situación da Illa das Esculturas
        - Extensión
        - Breve resumo (que é, para que se utiliza, como é, que ten...)
        - Ecosistema do lugar:
                   - Fauna
                   - Flora
(Neste caso pode ir acompañado de fotos, tanto buscadas en internet, como facelas a pé    mentres damos un paseiño pola Illa das Esculturas. Todas as fotos deben levar o nome do    paxaro ou animal que alí podemos atopar, ou das follas das árbores que forman parte da flora do lugar, sempre os nomes en galego)
    Plazo límite de entrega: 1 de decembro

    Calquera dúbida que teñades  so tendes que preguntarma na clase.

    Xa veredes que ides facer un fermoso traballo, e así saberedes moito máis deste tesouro natural que temos en Pontevedra.




14 de novembro de 2020

O MAGOSTO

     Este ano tivemos un Magosto un pouco diferente, sen compartir xogos e aventuras no patio, pero o que si tivemos foron castañas !!! 

    Estaban riquísimas!!! Souberon a pouco !!!