11 de xuño de 2020

TAREFA VENRES 12 DE XUÑO




Bos días a todos e a todas, chegamos ao último día de tarefas diarias neste blog. Para a semana xa estaredes avaliados e xa estará todo feito. 


A profe Xulia e máis eu desexámosvos un feliz verán. Estamos moi contentas co voso traballo e co esforzo feito nestes meses. Sabemos que foi moi difícil para todos e todas, pero vos fixéchelo de marabilla.
                                                                                                                                                                     Parabéns!

Eu persoalmente e agora dirixíndome ao meu grupo de 3ºA, dicirvos que me sinto moi orgullosa do ben que vos adaptaches a esta nova situación que desde logo sinxela non foi, como conseguiches organizarvos e como con constancia e esforzo fixeches este traballo diario. 
Acordádevos cando comezamos que eu vos dixen que iades ser un moi bo grupo, pois ...conseguímolo todos e todas xuntas, como o equipo que somos, axudándonos entre nós, unindo os nosos esforzos e sendo moi responsables. Gustaríame que mirarades as vosas libretas desde o principio ata agora, para poder observar a vosa evolución e así poidades sentirvos moi orgullosos e orgullosas polo traballo feito.
Parabéns campións!
Gozade deste merecido verán e ogallá poidamos seguir compartindo máis cousas xuntos e xuntas.
Bicos e apertas de oso xigante aos meus 24 valentes.

Familias grazas pola vosa colaboración, dedicación e apoio en todo momento. Tivemos unha boa comunicación entre nós,e iso é a mellor base para conseguir avanzar coa educación dos vosos fillos e fillas. Grazas por facer fácil un proceso tan difícil como é a educación. 
Que teñades un moi bo verán. 
Maite.



 TAREFA VENRES 12

 - LENGUA CASTELLANA

 Como el curso aún no acabó, voy a poner una tarea a realizar a lo largo de la semana:

 - Os animo a hacer una redacción donde esté vuestra opinión personal sobre la experiencia vivida estos meses, sin vernos y trabajando a través de un ordenador. ¿Como habéis llevado el trabajo a través del blog? ¿Que os pareció? ¿Os fue fácil o fue duro aguantar esta situación? ¿Que le visteis de negativo y de positivo?....
 Luego hacer una bonita ilustración final.




Bicos Xulia e Maite.

10 de xuño de 2020

TAREFA MÉRCORES 10 E XOVES 11 DE XUÑO

Bos días a todos e a todas, que tal a vosa viaxe a Lúa?


 TAREFA MÉRCORES 10

PLÁSTICA E LINGUA GALEGA

Xa vexo que aínda seguides na Lúa, pois tendes que volver a Terra que a vosa familia e eu botámosvos de menos. Levades dous días alí, así que é hora de regresar....

Claro que se non tendes foguete espacial, como volvedes?

Imos deseñalo e debuxalo na libreta de galego, facelo ao voso gusto, tendes que volver nun fermoso foguete espacial, os vosos pais e nais quedaran marabillados ao veros chegar nunha nave tan flamante. Pensar ben o material que ides empregar no voso deseño, o número de ventás que lle ides facer, as súas cores, podedes utilizar a técnica que queirades.
Veña mans á obra que tendes que estar aquí mañá.

- Mentres vindes, escribide a vosa historia na Lúa, podedes titulalo "A miña aventura lunática", contádeme que pasou alí, como foi o aterraxe, como foi iso de camiñar sen gravidade, ¿xogabades cos cráteres?, ... Ahhhh!!!  Vistes  algún alíen ou extraterrestre e falastes galego con el ou ela....De seguro que sempre hai un galego na Lúa.
Botade moita imaxinación e escribide que estamos desexando ler a vosa historia.



 TAREFA XOVES 11

MATEMÁTICAS

Bos días! ¿Estades xa todos e todas na Terra?, supoño que cansos da viaxe, e que ser astronauta non é nada sinxelo. 
Como sé que botabades de menos as matemáticas, aí van unhas operacións, que para expertos navegantes espaciais, son moi doadas:

 1)- Calcula:

  429: 7=                                          200:3=                                      9685 X 46=







Benvidos a todos e a todas
Biquiños Xulia e Maite.

7 de xuño de 2020

TAREFA LUNS 8 E MARTES 9 DE XUÑO

Bos días a todos e a todas, comenzamos unha nova semana e unha nova fase na desescalada. Como vedes xa case non queda nada para finalizar o curso, así que imos facer o noso último esforzo.
Estos días xa mirei algúns de vós pola rúa, xogando e correndo, que alegría veros ...Aproveitade e gozade do bo tempo.



 TAREFA LUNS 8 DE XUÑO

  - CIENCIAS SOCIAIS

 Non sei se puidechedes observar a lúa tan bonita que houbo o venres, foi a "lúa de fresa". Imos saber un pouco máis, pincha no enlace e le :

https://www.ngenespanol.com/el-espacio/no-te-pierdas-la-luna-de-fresa-y-el-eclipse-penumbral-en-junio/

 - Contesta as seguintes preguntas:

 1.- ¿Por que se lle coñece como Lúa de Fresa?

 2.- ¿Que outro nome recibe e quen llo puxo? ¿Por que recibe este nome?

 3.- ¿Puideches ter a ocasión de vela no ceo? Se foi así descríbea. E se non descríbea mirando a seguinte foto. Logo ilustra a túa descrición cunha bonita lúa.





 TAREFA MARTES 9 DE XUÑO

 Seguimos coa nosa viaxe a Lúa :
https://www.youtube.com/watch?v=lfPcs0cCJjU

 Contesta verdadeiro o falso:

        - A lúa é un planeta
        - A lúa xira ao redor da terra
        - A lúa sempre está chea
        - A lúa está a 385.ooo Km da terra
        - O primeiro home que pisou a                  lúa chamábase Neil Armstrong
        - O foguete co que foi a lúa
           chamábase CALIPO 10
        - A lúa é 4 veces máis grande ca
          terra
        - A lúa provoca as mareas
        - Un foguete tarda 1 día e medio
          en chegar á lúa.

  - Agora as frases do exercicio anterior que sexan falsas, volve a escribilas ben.

  - Seguidamente intentade debuxar as catro fases da lúa cos seus nomes. Utilizade a regla se tendes que facer liñas ou cuadrículas.






 Que teñades un bo día
 Bicos Xulia e Maite