7 de xuño de 2020

TAREFA LUNS 8 E MARTES 9 DE XUÑO

Bos días a todos e a todas, comenzamos unha nova semana e unha nova fase na desescalada. Como vedes xa case non queda nada para finalizar o curso, así que imos facer o noso último esforzo.
Estos días xa mirei algúns de vós pola rúa, xogando e correndo, que alegría veros ...Aproveitade e gozade do bo tempo.



 TAREFA LUNS 8 DE XUÑO

  - CIENCIAS SOCIAIS

 Non sei se puidechedes observar a lúa tan bonita que houbo o venres, foi a "lúa de fresa". Imos saber un pouco máis, pincha no enlace e le :

https://www.ngenespanol.com/el-espacio/no-te-pierdas-la-luna-de-fresa-y-el-eclipse-penumbral-en-junio/

 - Contesta as seguintes preguntas:

 1.- ¿Por que se lle coñece como Lúa de Fresa?

 2.- ¿Que outro nome recibe e quen llo puxo? ¿Por que recibe este nome?

 3.- ¿Puideches ter a ocasión de vela no ceo? Se foi así descríbea. E se non descríbea mirando a seguinte foto. Logo ilustra a túa descrición cunha bonita lúa.





 TAREFA MARTES 9 DE XUÑO

 Seguimos coa nosa viaxe a Lúa :
https://www.youtube.com/watch?v=lfPcs0cCJjU

 Contesta verdadeiro o falso:

        - A lúa é un planeta
        - A lúa xira ao redor da terra
        - A lúa sempre está chea
        - A lúa está a 385.ooo Km da terra
        - O primeiro home que pisou a                  lúa chamábase Neil Armstrong
        - O foguete co que foi a lúa
           chamábase CALIPO 10
        - A lúa é 4 veces máis grande ca
          terra
        - A lúa provoca as mareas
        - Un foguete tarda 1 día e medio
          en chegar á lúa.

  - Agora as frases do exercicio anterior que sexan falsas, volve a escribilas ben.

  - Seguidamente intentade debuxar as catro fases da lúa cos seus nomes. Utilizade a regla se tendes que facer liñas ou cuadrículas.






 Que teñades un bo día
 Bicos Xulia e Maite





Ningún comentario:

Publicar un comentario