10 de xuño de 2020

TAREFA MÉRCORES 10 E XOVES 11 DE XUÑO

Bos días a todos e a todas, que tal a vosa viaxe a Lúa?


 TAREFA MÉRCORES 10

PLÁSTICA E LINGUA GALEGA

Xa vexo que aínda seguides na Lúa, pois tendes que volver a Terra que a vosa familia e eu botámosvos de menos. Levades dous días alí, así que é hora de regresar....

Claro que se non tendes foguete espacial, como volvedes?

Imos deseñalo e debuxalo na libreta de galego, facelo ao voso gusto, tendes que volver nun fermoso foguete espacial, os vosos pais e nais quedaran marabillados ao veros chegar nunha nave tan flamante. Pensar ben o material que ides empregar no voso deseño, o número de ventás que lle ides facer, as súas cores, podedes utilizar a técnica que queirades.
Veña mans á obra que tendes que estar aquí mañá.

- Mentres vindes, escribide a vosa historia na Lúa, podedes titulalo "A miña aventura lunática", contádeme que pasou alí, como foi o aterraxe, como foi iso de camiñar sen gravidade, ¿xogabades cos cráteres?, ... Ahhhh!!!  Vistes  algún alíen ou extraterrestre e falastes galego con el ou ela....De seguro que sempre hai un galego na Lúa.
Botade moita imaxinación e escribide que estamos desexando ler a vosa historia.



 TAREFA XOVES 11

MATEMÁTICAS

Bos días! ¿Estades xa todos e todas na Terra?, supoño que cansos da viaxe, e que ser astronauta non é nada sinxelo. 
Como sé que botabades de menos as matemáticas, aí van unhas operacións, que para expertos navegantes espaciais, son moi doadas:

 1)- Calcula:

  429: 7=                                          200:3=                                      9685 X 46=







Benvidos a todos e a todas
Biquiños Xulia e Maite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario