27 de marzo de 2021

VENRES 26 DE MARZO DE 2021

 BROCHE FINAL

    O derradeiro día de clase, tivemos como broche final, a sorte de contar coa presenza na nosa aula de Juan, o pai de Jorge. Veu a contarnos a súa experiencia no Deserto do Sahara cos Tuareg. Foi toda unha aventura que compartiu con todos nós. Foi unha charla moi entretida, acompañada non só con fotos senón que tamén tivemos a sorte de escoitar unhas grabacións de música típica daquela zona. Tamén tróuxonos unha pequena cadeira e a fascinante Rosa do Deserto. 

    Estivemos todos e todas moi atentas, sobre todo Hassan que agradeceu que lle trouxeran un anaquiño da súa cultura a nosa aula. Houbo moitas preguntas...aínda que, sen dúbida, o que máis nos impresionou foi o escorpión...Foi fantástico.












                    Moitas grazas Juan!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario