31 de outubro de 2020

VENRES 30 DE OUTUBRO

 CHEGOU O SAMAÍN   

    Este venres 30 de outubro fumos todos e todas moi contentos ao cole disfrazados. Tiñamos de todo, desde esqueletos, bruxas, vampiros, cabazas ata personaxes que daban moito medooooo.









     Foi unha mañá moi especial e diferente porque limos e escoitamos contos, traballamos facendo unhas manualidades que xa veredes o ben que quedaron. Son uns verdadeiros artistas !!!


                                                                                 As nosas casa encantadas



       Os sorprendentes gatos nunha noite moi escura e misteriosa.

    Pintamos só co xiz, e aínda que ao principio pensaron que non lles ía a saír nada, o resultado foi sorprendente. Recordade sempre que podedes facelo, que só tendes que sacar o artista que todos e todas levades dentro.  Agora admirade a vosa obra, noraboa!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario