SEMANA DE TRABALLO DESDE CASA
Esta semana tócanos traballar desde casa. Estamos traballando moi ben, aínda que xa sabemos que é moito máis difícil, pero estades facendo un gran esforzo.
Parabéns a todos e a todas, superheroes e superheroínas de 4ºA!!!!
Tamén é a semana do Entroido, e aínda que non estamos no Centro, algúns de vos seguides ao Mandadiño e aparecedes nas videoconferencias moi guapo e guapas coas novas vestimentas.
É o caso Agustín (que cumpriu o Mandadiño todos os días ata o final) , Adriana e Cristina
O venres festexamos o Entroido e xa se animaron moitos e moitas máis, mesmo algúns e algunhas tomaron o chocolate quentiño desde a súa casa:
BO TRABALLO EQUIPO!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario